sábado, 26 de abril de 2014

O transiberiano





O ferrocarril transiberiano é unha rede de transporte terrestre que ten unha extensión de 9.288 km e conecta a Rusia europea coas provincias do Lonxano Oriente asiático ruso, Mongolia e China.
A ruta principal foi inaugurada tras trece anos de traballo en 1904. Cunha extensión de 9.288 km (case nove veces a distancia entre A Coruña e Barcelona), une Moscú cola costa rusa do océano Pacífico, máis precisamente con Vladivostok (localizada no mar do Xapón, e cuxo significado en ruso é “poder sobre oriente”), atravesando a maior parte da que foi Asia soviética. Esta vía, que atravesa oito zonas horarias e cuxo percorrido demanda perto de sete días de viaxe, constitúe o servizo ferroviario continuo máis longo do mundo, con excepción da  ruta que se fai dúas veces ao mes regularmente, e que sirve de conexión entre Moscú y Pionyang (capital de Corea do Norte). Hai ramais a China, a través de Mongolia e Manchuria, con servizo continuo e a Corea del Norte como indicamos anteriormente.
Outro ramal de importancia dentro desta extensa rede ferroviaria é o Transmanchuriano, o seu percorrido coincide co  Transiberiano ata Társkaya,  a uns 1.000 km ao este do lago Baikal. Dende a cidade de Társkaya, o Transmanchuriano enfila cara o sudeste de China, e segue o seu percorrido ata finalizar en Pekín.
A terceira das rutas primarias é o Transmongoliano, que coincide no seu trazado co Transiberiano ata Ulan Ude, na beira este do lago Baikal. Dende Ulán Udé, o Transmongoliano enfila ao sur cara Ulán Bator (capital de Mongolia), tralo cal sigue en dirección sudeste cara Pekín.
En 1991 foi completada unha cuarta ruta, que vai máis ao norte, tras máis de cinco décadas de obras esporádicas. Coñecida como Ferrocarril Baikal-Amur, esta extensión, sepárase do Transiberiano varios centos de quilómetros cara o oeste do Lago Baikal, e o atravesa polo seu extremo norte. Esta ruta alcanza o océano Pacífico ao noreste de Jabárovsk, en Sovétskaya Gavan. Se ben brinda acceso á notable costa norte do Baikal, este ramal caracterízase tamén por atravesar zonas consideradas perigosas.

Vladivostok, situada no Pacífico, fóra conquistada polos rusos en 1880. Esta grande  cidade portuaria, estaba illada da Rusia europea e as súas provincias do Extremo Oriente era un problema importante nesta Rusia zarista. A construción do ferrocarril comezou en 1891 por iniciativa do conde Sergei Witte, que por aquel entón ocupaba o Ministerio de Finanzas.
 
O Transiberiano segue sendo a vía de comunicación más importante de Rusia, ao punto de que perto do 30% das exportacións deste país son transportadas por ela. Se ben o seu atractivo turístico leva a que moitos visitantes viaxen nel, todavía é moi utilizado polos rusos nos seus viaxes.


3º ESO A Jonathan Iglesias e Daniel Kulakov