xoves, 10 de abril de 2014

A casa das Hortas




A casa de Manuel Maria esta situada no lugar de Outeiro de Rei . Alberga o museo e a sede da Fundación que leva o seu nome.  Acolle a biblioteca, manuscritos  e obxectos persoais do poeta. Foi inaugurada o sete de setembro de 2013.

O primeiro que nos chamou a atención foi o grande e ben conservada que se atopaba ésta. O guía xa nos indicou que Manuel María era fillo de labregos acomodados e que o seu pai chegou ser o alcalde do concello.
A casa é o prototipo da casa chairega: co tellado a catro augas, situándose as habitacións e salón no primeiro piso e a cociña e comedor no baixo.
Dentro dos fondos que acolle a casa museo destacan obras de Castelao, Luis Seoane, Laxeiro, Isaac Díaz Pardo e unha biblioteca persoal do poeta que contén as mellores coleccións particulares do libro galego e sobre a Galiza da posguerra .
Preparándonos para visitar a cas de Manuel María

Tellado do alpendre. Actual salón de actos da Fundación

Despacho do poeta cun retrato deste

As fiestras ábrense á paisaxe da Terra Cha, inspiradora da poesía deste autor

Detalle do salón. Por esta casa pasaron escritores e artistas moi importantes da cultura galega


Esta casa tamén supón un servizo para os propios veciños de Outeiro de Rei. O antigo alpendre foi convertido nun salón de actos.

OPINIÓN PERSOAL: Antes de visitar a casa demos un paseo pola carballeira de Santa Isabel, situada á beira do río Miño que nos gustou moito .

O que máis nos gustou foi a paisaxe  que se contemplaba desde unha das ventás dunha habitación. Entre a  colección de  obxectos que ali habia chamounos a atención as navallas que Manuel Maria coleccionou ao longo da súa vida.   

A biblioteca foi traída da súa casa da Coruña que estaba situada no barrio de Monte Alto. Está conservada tal como a tiña organizada no seu domicilio herculino. Manuel María era un gran amante da nosa cidade e pasou  un período extenso e intenso da súa vida nela.




4º ESO B Michael Junior Antigua Rodriguez,  Jorge Piñeiro Patiño