sábado, 31 de maio de 2014

Castro de Viladonga

Empezouse a escavar en 1972, de forma periódica. Os traballos arqueolóxicos tanto de escavación como de limpeza e consolidación continúan aínda hoxe en día.

Este xacemento é un verdadeiro modelo de castro característico do noroeste peninsular, con murallas e foxos, que albergan dous antecastros ou anterrazamentos e unha ampla acrópole ou croa central. Neste recinto atópanse edificios de usos social ou comunal, vivendas, currais, almacéns; agrupados formando un conxunto que se articula nas dúas rúas principais e un camiño paralelo á muralla principal.

O Castro de Viladonga tivo un asentamento ou ocupación duradeira e importante entre os séculos II e V da nosa era. Este dato e moi importante porque racha coa visión de que a ocupación demográfica destes remata coa chegada dos romanos. Isto non é verdade. Cando se empeza a ocupar por parte dos romanos, Lugo (importante cidade da Gallaecia), os habitantes de Viladonga siguen vivindo neste núcleo que está situado a 25 km da capital. Os restos arqueolóxicos que se atoparon nestes castro pertencen á época da romanización como son os restos numismáticos (moedas) desta época.

Por último sinalar que o castro consta cun museo onde se describe con moito detalle as características e formas de vida que tiñan os poboadores deste núcleo.



 
A nosa opinión é que é un bo sitio para estar tranquilo e pasar a tarde vendo o xacemento. O que máis nos impresionu foi a conservación da muralla e a exposición do museo que se atopa ao lado do castro.


Visualización do vídeo explicativo sobre o castro

Maqueta do castro de Viladonga exposta no museo

Jonathan Cardona ás portas da entrada no castro

O grupo pasea e observa a parte consolidada do castro


Un descanso no interior


Edificio para uso comunal

4º ESO B Estrella Elizabeth Villanueva Vera e Noelia Barcia Muiño