martes, 3 de xuño de 2014

Centenario del Canal de Panamá

A canle de Panamá cumple o centenario este ano. Esta vía que atravesa o istmo que leva o seu mesmo nome, une o Océano Atlántico co Océano Pacífico nas latitudes intermedias e facilita o transporte marítimo. Inaugurada o 15 de agosto de 1914, tivo un grande efecto na economía mundial ao diminuír a distancia e os tempos da comunicación marítima entre os dous océanos xa que antes tiñan que dar a volta o Cabo de Fornos, o que provocou melloras económicas e comerciais.  
Proporciona unha vía de tránsito curta e relativamente barata entre estes dous grandes océanos, influíu considerablemente sobre os patróns do comercio mundial, impulsou o crecemento nos países desenvolvidos e deulle a moitas áreas do mundo o impulso básico que necesitan para a súa expansión económica. Por exemplo, un barco carboeiro que saia da costa oriental dos Estados Unidos en dirección ó Xapón pola canle de Panamá, aforra uns 4.800 km, en comparación coa alternativa mais curta dunha ruta marítima; un barco bananeiro que sae da costa pacífica de Colombia en dirección a Europa, aforra unha distancia duns 9.000 km.
Antes da súa inauguración xa houberan outros intentos por crear esta obra de enxeñería tan importante para o Mundo.


A historia
Remóntase aos primeiros exploradores de América. Isto ofrecía unha oportunidade única para cruzar os dous océanos. Os primeiros colonizadores de América Central fixáronse no potencial deste proxecto. A finais do século XIX fixéronse serios inicios do comezo da construción polos franceses capitaneados por Lesseps que viña de inaugurar outra canle de moitísma importancia como era a de Suez (unindo o Mediterráneo co Océano Índico) en 1869. O intento francés fracasou, dada a complexidade orográfica, entón Estados Unidos aproveitouse do esforzo dos franceses e acabaron construíndo a canle, finalizouse no ano 1914. 
Imaxe da canle de Panamá nun mural do parque Pasatiempo de Betanzos

Funcións da canle
 As súa función principal é o aforro de combustible no transporte marítimo, dado que non ten que dar a volta a toda América.

Futuras ampliacións
As ampliacións que se preveen facer son as maiores ampliacións do canal, se prevé duplicar o tamaño. Os cambios serán os seguintes:
-Contrución de esclusas novos no lado Atlántico e no Pacífico.
-Excavación de novos canles de acceso as novas esclusas.