xoves, 5 de xuño de 2014

Dez curiosidades de Colombia.

Colombia é un país situado no noroeste de America do sur. Administrativamente está dividido en 22 departamentos descentralizados e un distrito capital: Bogotá. A cordilleira que o atravese é os Andes, está bañado polo Océano Pacífico e o mar Caribe. Polo norte está unido a Panamá que ata principios do século XX pertenceu a Colombia. 
Algunhas das curiosidades que podemos saber sobre colombia poden ser estas:



1. No meu país hai 84 tribos indíxenas que enriquecen a diversidade e a cultura. 
2. É o terceiro produtor de café no mundo. Os colombianos están especializados neste tipo de produto. 
3. En Colombia unha árbore crece trece veces máis rápido que en Chile e nove veces máis que en Canada debido a presenza do clima ecuatorial. 
4. Sendo un territorio bastante máis pequeno que Brasil, temos o mesmo número de variedades de plantas (55.000) representando o 20% das plantas do mundo. 
5. É o segundo país do mumndo en biodiversidade. O primeiro por metro cadrado. 
6. Do seu subsolo extraense o 95% das esmeraldas do mundo. Boyacá é a maior mina. 
7. Hai máis de 1.700 variedades de aves. 
8. O pico máis alto de Colombia é o Cristóbal Colón a 5.800 m. Situado na Serra Nevada de Santa Marta. 9. En Colombia realizouse a primeira cesárea do mundo. 
10. O premio Nóbel de literatura Gabriel García Márquez, que faleceu este curso, era colombiano.